Valga acolle este sábado o concerto de Monoulious DOP dentro do programa +Música

Monoulious DOP
Monoulious DOP

Valga preparase para vivir unha noite especial de música e cultura este sábado 30 de agosto. A Deputación de Pontevedra trae ao Parque Irmáns Dios Mosquera o concerto de Monoulious DOP, dentro do programa +Música, que apoia a programación cultural dos concellos de menos de 50.000 habitantes e promove a lingua galega.

A banda, nacida en 2012 como proxecto para internet, converteuse nun fenómeno musical co seu estilo entre o rock e a retrorreferencia dos anos 2000. Co seu “Chandal Metal Tour”, Monoulious DOP promete facer vibrar ao público de Valga na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

Scroll al inicio